Reúnete con nós este venres e gaña experiencias filmersivas

Este venres celebraremos de novo unha reunión entre o equipo científico e as persoas que apoiades este proxecto. Xa sodes 28 os mecenas que que fixestes a vosa aportación e para agradecérvolo, celebraremos unha sesión exclusiva con todos vós:
🔬 Coñeceredes os avances do proxecto da man do equipo científico.
📣 Anunciaremos as primeiras experiencias que viviremos na festa inmersiva de novembro. Como sabedes, a última fase do proxecto é a Festa Filmersiva, un evento no que proxectaremos a curta resultante da filmersión e lembraremos os bos momentos da experiencia cunha bebida na man. Pero a cousa non acaba aí pois durante a festa propoñeremos experiencias filmersivas. Este venres desvelaremos algunhas en exclusiva para os nosos/as mecenas.
🎁 Faremos un sorteo de experiencias filmersivas
📅 A cita é o venres ás 18:30. Prégase que confirmedes asistencia contestando a esta mensaxe ou en filmersion@filmersion.es Pouco antes do encontro enviarémosvos o enlace da reunión por email.
Esperámosvos!
Iruzkinak
Inicia sesión para dejar un comentario